Aquí temos todas as fotos do concurso de cabazas
31 oct 2010
CELEBRAMOS O SAMAÍN
24 sept 2010
CURSO ESCOLAR 2010 - 2011

Benvidos ao novo curso escolar. Este ano temos a sorte de entrar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, o que supón unha axuda económica que permitirá dotar á biblioteca con máis fondos e a posibilidade de intercambiar experiencias e materiais con outros centros.
21 may 2010
LETRAS GALEGAS 2010
O día 17 de maio conmemoramos "O DÍA DAS LETRAS GALEGAS" este ano está adicado a UXÍO NOVONEYRA e aquí temos un video onde nos conta a vida e obra deste personaxe das nosas letras.
6 may 2010
FESTA DOS MAIOS
Co galo da festa dos maios, no colexio celebramos esta festa convidando aos pais para ver as actuacións que fixemos.
Os alumnos e alumnas de Infantil cantaron e bailaron, os do primeiro ciclo de primaria recitaron uns poemas, os alumnos e alumnas do segundo ciclo fixeron unha danza con arcos e cintas que quedou preciosa e os do terceiro ciclo recitaron unhas cantigas facendo unha crítica do colexio, dos políticos, do concello....
Os alumnos e alumnas de Infantil cantaron e bailaron, os do primeiro ciclo de primaria recitaron uns poemas, os alumnos e alumnas do segundo ciclo fixeron unha danza con arcos e cintas que quedou preciosa e os do terceiro ciclo recitaron unhas cantigas facendo unha crítica do colexio, dos políticos, do concello....
8 mar 2010
MARZO MES DA IGUALDADE DE XÉNERO
O DÍA 8 DE MARZO CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER por este motivo debemos concienciarnos da importancia que ten a igualdade de xénero.
Mira estos vídeos e pensa no que queren dicir.
1 mar 2010
EXPOSICIÓN SOBRE CHINA
Aproveitando o entroido os alumnos e alumnas de INFANTIL investigamos sobre CHINA.
Este ciclo foi disfrazado de chinos e chinas e aproveitamos para traer ao cole cousas típicas da CHINA: ábacos, especias, porcelana, palillos, bambú, pulseiras, sombrillas, sombreiros, Tangram... e fixemos faroliños, e un dragón típico que quedou moi bonito.
Nun gran cartel escribimos cousas que sabemos sobre a China e cousas que queremos saber e pouco a pouco investigamos e descubrimos cousas moi curiosas e divertidas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)